lunes, 11 de abril de 2022

Audio en blogger desde a aula virtual

Posibles formas de acceder a un podcast da nosa aula virtual


Embeber arquivo de audio da nosa aula virtual.


Desde o propio navegador:

    1. Emprega o navegador Mozilla Firefox - https://www.mozilla.org/es-ES/
    2. Engade o engadido Video DownloadHelper https://addons.mozilla.org/es/firefox/addon/video-downloadhelper/ (na maqueta abalar xa está instalado no navegador).
    3. Reproduce o arquivo de son.
    4. Cando se está reproducindo, preme na icona do engadido (normalmente ao instalalo no navegador aparece arriba á dereita) e xa che permitirá descargar o arquivo (vai adxunto coa imaxe de como tes que facer).
    5. O arquivo resultante é un formato de audio .ogg que podes editar con audacity (https://audacity.es/) ou reproducir co VLC (https://www.videolan.org/vlc/index.es.html)
    6. Ter un curso ou configurar na nosa aula virtual o que temos en aberto para convidados e sen contrasinal.
    7. Engadir unha actividade ou recurso na nosa aula virtual
    8. Escoller a modalidade Ficheiro
    9. Subir o arquivo descargado previamente e comprobar que se reproduce.
    10. Facer clic co botón dereito do navegador preto do reproductor e escoller a opción Ver código fuente de la página.
    11. Para facilitar a búsqueda do que queremos, buscar no código .ogg
    12. Copiar a ligazón ao noso arquivo de audio e pegala nun editor de texto (preferiblemente Bloc de Notas ou similar).
Unha vez temos a ligazón ao noso arquivo temos que crear o reproductor de audio a través de código html. 
    1. Abrir o editor do blog na nosa entrada.
    2. Poñer o editor en modo editor html
    3. Copiar e pegar este código
<audio controls>
    <source src="poñer aquí a ligazón ao noso arquivo" type="audio/ogg">
</audio>
    1. Substituímos onde debemos poñer a ligazón, gardamos a entrada e comprobamos como se visualiza.



Enlazar co podcast da nosa aula virtual:


    1. Configurar o curso en aberto e que poidan acceder convidados (se está con contrasinal poderase limitar quen pode acceder pois sen o contrasinal non se poderá visualizar o contido).
    2. Facer clic no recurso na aula virtual > Copiar ligazón > Inserir ligazón no editor do blog.

Fai clic aquí para acceder ao podcast na aula virtual.



Enlazar co arquivo de audio na aula virtual:


Desde o propio navegador:
  1. Emprega o navegador Mozilla Firefox - https://www.mozilla.org/es-ES/
  2. Engade o engadido Video DownloadHelper https://addons.mozilla.org/es/firefox/addon/video-downloadhelper/ (na maqueta abalar xa está instalado no navegador).
  3. Reproduce o arquivo de son.
  4. Cando se está reproducindo, preme na icona do engadido (normalmente ao instalalo no navegador aparece arriba á dereita) e xa che permitirá descargar o arquivo.
  5. O arquivo resultante é un formato de audio .ogg que podes editar con audacity (https://audacity.es/) ou reproducir co VLC (https://www.videolan.org/vlc/index.es.html)
  6. Ter un curso ou configurar na nosa aula virtual o que temos en aberto para convidados e sen contrasinal.
  7. Engadir unha actividade ou recurso na nosa aula virtual
  8. Escoller a modalidade Ficheiro
  9. Subir o arquivo descargado previamente, gardar e comprobar que se reproduce.

Escoitar audio ogg desde a aula virtual 


Desde o navegador e desde a propia aula virtual.
  1. Entra do editor Atto para poder crear o arquivo de audio.
  2. Crea unha páxina e crea o arquivo de audio como falaramos hai unhas semanas.
  3. Garda e comproba que escoitas o que precisas.
  4. Entra para editar a páxina, preme co botón dereito no arquivo de audio e deberías poder ver a opción Guardar audio como…
  5. Selecciona a carpeta de destino do arquivo.
  6. O arquivo resultante a min dame un .mp4 que poderás reproducir con calquera reproductor.
  7. Ter un curso ou configurar na nosa aula virtual o que temos en aberto para convidados e sen contrasinal.
  8. Engadir unha actividade ou recurso na nosa aula virtual
  9. Escoller a modalidade Ficheiro
  10. Subir o arquivo descargado previamente, gardar e comprobar que se reproduce.

Escoitar audio mp4 desde a aula virtual.

No hay comentarios: